E chegou o día da recolleita.
Hai algún tempo plantamos as leitugas, cabaciños, pementos, tomates, etc. Pero non todo medra ao mesmo tempo, e as leitugas foron as que máis rápido o fixeron.
Hoxe recollémolas.
José Manuel ía sacudíndolle a terra, porque na raiz levaban moita. Como non había para todos, leváronas para casa os nenos e nenas da clase da profe Eva. Aos demáis tocaralle levar tomates, cabaciños ou cebolas. De tódos os xeitos, dado o exito, a próxima semana imos plantar máis leitugas.
jueves 21 de mayo de 2009
HOXE RECOLLEMOS LEITUGAS
Publicado por
Tegriña
ás
18:26
2
que che parece?
miércoles 13 de mayo de 2009
COMO VAI A NOSA HORTA?
Pois podédelo comprobar nas fotos.
A que apetece comer as leitugas?
vedes o mini cabaciño?
E os tomates, non da gusto velos?
Os pementos están máis esmirriados, pero xa se sabe que a vida dos labregos e labregas é dura.
Publicado por
Tegriña
ás
21:32
1 que che parece?
martes 12 de mayo de 2009
No Correlingua
O martes 5 de maio, participamos no Correlingua. Fomos ao parque de Castrelos, e alí había moitos nenos e nenas de moitos coles de Vigo, Cangas, Moaña, Nigrán etc. Participamos en moitos xogos como podedes ver nas fotos.
Publicado por
Tegriña
ás
21:50
1 que che parece?
lunes 4 de mayo de 2009
Correlingua

Recordade que mañá se celebra en Vigo o correlingua. Iremos ao parque de Castrelos e alí participaremos en xogos organizados pola asociación Teixugos. Os do cep santa tegra irán andando desde o concello ata Castrelos, pero alí podemos vernos todos.
Ata mañá.
Publicado por
Tegriña
ás
19:45
0
que che parece?
lunes 27 de abril de 2009
UNHA FOLIADA
A pasada semana, veu polo cole un amigo das profes. Chámase Bieito Lobariñas e é un famoso regueifeiro. Cando marchaba, a profe Raquel deulle unha pandeireta e díxolle que non podía marchar sen cantar algo.
Botounos unha foliada que falaba de nós.
E quedamos todas e todos coa boca aberta. Fixadevos nas nosas caras.
Publicado por
Tegriña
ás
19:09
0
que che parece?
miércoles 8 de abril de 2009
Tesouros de papel
O pasado venres, fomos á Fundación Caixa Galicia. Visitamos a exposición "Tesouros de papel". É unha colección de xoguetes de papel, propiedade de Quim Corominas. Había monicreques, bonecos, coches, avións, pero todo de papel ou cartón (que ven sendo papel un puco máis duro).
Gustounos moito, e ademais fixemos un cabalo balancín co seu xinete, tamén de papel.
O máis complicado foi que como na rúa Policarpo Sanz están en obras, o autobús deixounos na Praza de Compostela e tivemos que subir andando (e despois baixar). As profes levaban unha corda, e todos fomos agarradiños a ela (e ninguén se soltou).
Publicado por
Tegriña
ás
10:19
3
que che parece?
domingo 29 de marzo de 2009
A nosa horta
Como sabedes, o pasado xoves (coa axuda de José Manuel) estivemos sementando algunhas cousiñas: leitugas, tomates, pementos e calabacíns. Agora temos que estar pendentes de se chove ou non, para saber se temos que regar. E ademais poderemos ver como van medrando (se é que chegan a sair), e cun pouco se sorte, probar a nosa "producción".
Publicado por
Tegriña
ás
19:36
3
que che parece?









